Marisol Bravos, mestra xubiliada e activista a favor dos dereitos das persoas con diversidade funcional, lembra o apoio fundamental de Marcelino Camacho, secretario xeral de CCOO, e Juan de Dios Ramírez Heredia, deputado andaluz, na loita pola creación dunha lei de “discapacidade”. No 40º aniversario da LISMI, Marisol comparte con nós algunhas intervencións dos mesmos nun acto de clausura da Asemblea Nacional.
Que foi a LISMI?
O artigo 49 da Constitución Española supuxo o primeiro chanzo lexislativo para a integración social das persoas con discapacidade co obxectivo de que poideran beneficiarse de todos os dereitos constitucionais do mesmo xeito que o resto dos cidadáns, incluíndo o dereito ao traballo que está recoñecido no artigo 35 da Constitución Española. Este mandato constitucional culminou no ámbito lexislativo coa publicación da Lei 13/1982 do 7 de abril de Integración Social de Minusválidos, coñecida coloquialmente como a “LISMI”.