Bendito animal que fuche sustento
das casas labregas de todos os tempos
axuda para o home labrar a terra
esterco morno que enriquece a leira.
Esteo das nais pra soster a mesa
fartura de leite, queixo e manteiga.
Quentura lenta que mornea os cuartos
mentras serea remoes descanso.
Vaca, vaquiña, Marela ou Xata
Gallarda, Linda, Romera ou Branca.
Tímida ollada,andar cansino
aceptas sumisa o servil destino
de darlle riqueza á vida labrega
de ser o cemento da terra galega
que faga o que faga nunca lle chega
pra che pagar o que fixeches por ela.
E. C.