Atoupa é unha cooperativa de traballo asociado adicada á consultoría social. Catro sociólogas e sociólogos con formación en políticas sociais e intervención sociocomunitaria, e con experiencia no eido da investigación social e da consultoría.
Con esta iniciativa queremos xerar coñecemento acerca da realidade galega dende unha mirada sociolóxica, e colaborar con distintos axentes sociais no deseño e implementación de políticas innovadoras coas que abordar os principais retos sociais que afronta a nosa comunidade.