Charly J

Charly J é o nome artístico de Juan Carlos Martínez Valcárcel. No ano 1984, comeza a bailar break dance nas rúas de Lugo, formando o grupo Break Sky Masters e, máis tarde, Blood Stars, cos que faría exhibicións por toda Galicia e comezaría a achegarse, tamén, a expresións coma o graffiti. En 1990 gravou o disco Radyo. Na actualidade, xa apartado do panorama musical, traballa coma deseñador gráfico.

 

Non hai dúbida de que Juan Carlos Martínez Valcárcel é un artista completo: diplomado en deseño gráfico e industrial, foi profesor na Escola de arte Ramón Falcón e na Pablo Picasso, traballou en películas de animación como “El bosque animado”, posúe unha voz feita para a locución e de feito, participou en diversas películas como actor de dobraxe. Hoxe en día reside en Lugo e traballa para toda España facendo retratos a demanda, con técnicas modernas e cunha calidade indiscutible baixo o nome “La cara de tu retrato” en redes sociais.

 

Comparte

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad