Manuel Ángel Carreira Varela

 

Este lugués, que exerce de tal, tamén de tanto en canto, apártase do urbán para adentrarse na soidade do campo, na tranquilidade de A Regueira, na Pastoriza. Carga pilas e explota a súa inspiración colorista e pinta, pinta, pinta desbocadamente e cunha fe irreductible no que fai; cunha imaxinación desbordada, rotunda, alegre, feliz…Carreira desfruta e fai desfrutar. Carreira pinta para pasalo ben e contaxiar ca súa obra, que miramos e voltamos mirar para atopar os máis pequenos e sutís detalles.

 

“Mis cuadros quieren despertar una sonrisa de quien los mira; busco la serenidad, no quiero ruido ni estridencia”.
 
Joana Abril, comenta: “A orixinal figuración pictórca do pintor Manuel Ángel Carreira recala no espazo galego, que alberga as últimas novidades de artistas locais. Polos seus cadros desfilan personaxes que parecen extraídos dunha fantasía costumista, coñecidos, pero caricaturizados cun halo de surrealismo que queda enfatizado dende as poses, os xestos e as cores intensas que dan volume ás formas. Contraluces marcadaos e trazo denso caracterizan os cadros que navegan entre o simbolismo e o humor”.
 
 
 

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad