Santín

 

Profesor, pintor e debuxante, Benjamín Santín Carballada nace en Becerreá (Lugo) no 1933. Sendo catedrático de debuxo, deu clase na Escola de Comercio e da Escola de Mestría Industrial. Tamén fo Presidente do Primeiro Congreso Galego de Profesores de Debuxo, no 1998. 

 

 

Á súa vertente de profesor, hai que engadirlle o deseño, a fotografía e a pintura, na que adoptou as técnicas de: plumiña, aguada e acuarela; realizando deseños de logotipos, revistas, carteis,… e participando en diferentes exposicións colectivas e en numerosos congresos da temática, tanto como poñente coma expositor. Toda a súa obra está caracterizada polo contido libre das súas alegorías e simbolismos conceptuais, ao estar baixo a inspiración popular da curiosidade, a fantasía e a didática. Leva ademais consigo, a intención de comunicar sempre a linguaxe interior por medio da palabra e da imaxe.

As súas obras: “Visión Háptica” e “Rastro en la arena” foron seleccionadas para a exposición do IV Concurso Fotográfico Playa de Gandía en agosto de 2004.

 

 

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad