Chorei polo reiseñor
que cantou a noite enteira
na espiña dunha roseira.
Chorei pola anduriña
que orfo deixou o niño
no tellado da palleira.
Chorei ollando o ceo
a unha nube viaxeira.
Chorei ó medrar a noite
agochando as bágoas ceibas.
Chorei polo camiño
pra camiñar mais lixeira.
Chorei cando tiven gana
e chorarei cando queira
pra botar fora as angurias
que son malas compañeiras.
E. C.