Benvidas e despedidas

 

O pasado venres día 14 ás 20:00h, Agustín Gallego Vigo, presidente de Lugo Sempre, convocou á Xunta Directiva da asociación a unha reunión urxente na cafetería “La Tapería de Mayte”, rúa Adolfo Suárez de Lugo. Alí informou de que ese mesmo día recibira a chamada de Elena Candia, candidata do PP ás eleccións do 28M para propoñerlle formar parte da súa lista. Ante tal situación, Agustín Gallego puxo o cargo de presidente a disposición dos socios presentes. Posteriormente, informou por teléfono a aqueles que non puideron acudir para que todos os membros de Lugo Sempre foran conscientes das circunstancias.

 

Así mesmo, coñecemos de primeira man que a socia Carmen Río, presente na reunión,  , formará parte da lista de Galicia Sempre, tamén nas eleccións do 28M.

 

En primeiro lugar, como tal asociación, temos que congratularnos de ser semente de homes e mulleres que se comprometen co benestar de Lugo. Dito isto, manifestamos a opinión pública que o presidente de Lugo Sempre apártase do cargo que ostentou até ese momento e que a xunta directiva da asociación queda constituída, provisionalmente, da seguinte maneira:

 

 

Presidente

José Cando Sixto

 

Secretaria

Marta de Castro Leira

 

Tesoureiro

Juan Valcárcel Díaz

 

Vogal

Francisco Nieto Rodríguez

 

Responsable da Revista CHÍO

Melina López

 

 

Dende Lugo Sempre agradecemos o traballo desenvolto estes anos por Agustín Gallego Vigo e Carmen Río.

 

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad