A edición de marzo do De frente! está protagonizada por José Manuel Rus, coordinador da MOEXMU (Mostra Exposición de Muimenta) e encargado da festa da Filloa de Muimenta.
Lugo Sempre: Que pregunta lle gustaría que lle fixese?
J.M. Rus: “Que viaxe lle gusta ou gustou máis?”
LS: E cal sería a resposta?
R: A que está pendente.
LS: Unha película?
R: “Mar adentro”.
LS: Un actor?
R: Antonio Resines.
LS: Unha actriz?
R: Dúas: Verónica Forqué e Maribel Verdú.
LS: Unha canción?
R: “Eso que tú me das” de Jarabe de Palo.
LS: Un libro?
R: “Nosotros, los Rivero”.
LS: Un/a autor/a?
R: Javier Cercas.
LS: Un/a articulista?
R: Tamén dous: Carmen Uz e Marcos Rodríguez.
LS: Un/a político/a?
R: Outros dous: Felipe González e Alfonso Guerra.
LS: Un tempo?
R: Futuro.
LS: E un taco?
R: Me cago en… (Con calquera das variantes).
LS: Que lle molesta?
R: A impuntualidade.
LS: Para rematar, alguén ou algo despreciable?
R: O engano.