Héctor Salvador.  Primeiro español (de Lugo) en chegar ó máis fondo do planeta; descendeu case 11 km na viaxe submarina na Foxa das Marianas.

– Que pregunta le gostaría que
lle fixese? –

¿Que é para ti o mar?

–  .. e cal sería a pesposta? –

É a base da nosa propia existencia. A orixe da vida, a fonte do aire que respiramos, a base da cadea alimentaria, as raíces da nosa cultura. Sen un océano sano, desapareceremos como civilización e como especie…

–   Unha película –

O Gran Azul (Luc Besson)

–   Un actor –

Fernando Fernán Gómez

–   Unha actriz –

Paquita Rico

–   Unha canción –

Child in Time (Deep Purple)

–   Un libro –

Solaris (Stanislaw Lem)

–   Un autor –

Paul Auster
–   Un articulista –

Ángela Posada-Swafford

–   Un político a –

O que saiba antepoñer as súas responsabilidades para co pobo que os elixiu sobre os intereses do partido…

–   Un tempo –

A Alta Idade Media.

–   Un taco –

¡Carall*! Forma parte do ADN, mesmo cando falo en inglés.

–   Alguén despreciable –

Os que hipotecan o futuro do noso planeta por gañar máis cartos no presente…

Con Paco Nieto.

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad