O músico Abraham Cupeiro chega a Lugo Sempre para protagonizar unha nova edición do De frente! Coñecido por darlle vida a instrumentos perdidos no tempo e crear con eles novos sons que poidan complementar a música, é natural de Sarria, impulsor da corna e pai de dous grandes proxectos: “Os Sons Esquecidos”, coa Real Filharmonía de Galicia, e PANGEA, coa Royal Philarmonic de Londres.
Lugo Sempre: Que pregunta lle gustaría que lle fixese?
Abraham: “Pòdese melhorar o sistema educativo coa música?”
LS: E cal sería a resposta?
A: Si, porque a música é unha conxunción de moitas disciplinas: matemáticas, física, historia, ximnasia… A música é improvisación, movemento, concienciación corporal. É un medio para comprender o que nos rodea dun xeito moi natural. E, sobre todo, porque incide na expresión mediante algo tan abstracto como o son. Atreveríame a dicir que fai libres ás persoas porque a disciplina e a creatividade van da man.
LS: Unha película?
A: “Pelle el Conquistador”.
LS: Un actor?
A: Carmelo Gómez.
LS: Unha actriz?
A: Emma Thompson.
LS: Unha canción?
A: “School” de Supertramp.
LS: Un libro?
A: “El ruido eterno” de Alex Ross.
LS: Un/a autor/a?
A: Humberto Eco.
LS: Un/a articulista?
A: Non sigo a ningún.
LS: Un/a político/a?
A: Julio Anguita.
LS: Un tempo?
A: No París da segunda metade do século XIX.
LS: E un taco?
A: “Carallo”.
LS: Que lle molesta?
A: Moléstame a calumnia.
LS: Para rematar, alguén ou algo despreciable?
A: Vanagloriarse de ser ignorante.