Chega un novo De frente!, desta vez protagonizado por Sonia Villapol, neurocientífica lucense que traballa dende hai máis de quince anos en EEUU, agora como mestra e investigadora, ademais de xefa de laboratorio no Instituto de Investigación do Hospital Methodist, considerado o número un na maioría das especialidades médicas en Texas.

 

Lugo Sempre: Que pregunta lle gustaría que lle fixese?
Sonia: “Cales son os teus propósitos na vida?”

LS: E cal sería a resposta?
S: Que as miñas fillas sexan felices, facer un descubrimento científico de relevancia e deixar un legado que inspire.

LS: Unha película?
S: “Gattaca”, “Bailando con Lobos”, “Amélie”.

LS: Un actor?
S: Ethan Hawke, Luis Tosar.

LS: Unha actriz?
S: Sandra Bullock, Belén Rueda.

LS: Unha canción?
S: “Chea de Vida” de Guadi Galego e a Muiñeira de Chantada.

LS: Un libro?
S: Os dous primeiros: “Ti e a vida” de Karl von Frisch e “A orixe das Especies” de Charles Darwin.

LS: Un/a autor/a?
S: Centos, a maioría de literatura galega: Castelao, Cunqueiro, Manuel Rivas, María Xosé Porteiro, Avendaño, Carlos Reigosa…

LS: Un/a articulista?
S: Marica Campo ou Manuel Jabois.

LS: Un/a político/a?
S: Non teño moita admiración por esta profesión.

LS: Un tempo?

S: Un futuro sempre mellor.

LS: E un taco?
S: “Merda”, porque todo o mundo o entende (en galego, portugués, catalán, francés, gaélico, italiano ou esperanto).

LS: Que lle molesta?
S: Que a xente se queixe e non faga nada para cambiar.

LS: Para rematar, alguén ou algo despreciable?
S: Causar dor ao aproveitarse da ignorancia da xente.  


Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad