Estreamos “Faisca vs Carambo”:
un espazo para o debate con retranca
Dámoslle comezo a unha nova sección no noso blog: Faisca vs Carambo, un ring amable onde dúas voces con visións opostas se enfrontan arredor dun mesmo tema. A idea é clara: presentar dúas perspectivas distintas, argumentadas e con personalidade, sobre cuestións que nos tocan de preto.
Nesta primeira entrega preguntámonos:
¿Pode Lugo medrar arredor da gastronomía ou xa non hai marxe de mellora?
Por unha banda, Luis Villares (Faísca) cre firmemente no potencial gastronómico de Lugo como motor de desenvolvemento. Pola outra, Melina López (Carambo) pon o foco nas limitacións e nas preguntas incómodas.
LUIS VILLARES – Faísca
Lugo posúe un potencial gastronómico incuestionable, pero non abonda con ter produto
excelente: cómpre saber producilo, comercializalo e vendelo. A marxe de mellora non está
tanto na calidade, senón na produción organizada e na proxección intelixente.
Os sabores lucenses do mar, da terra e mais do rural a nivel xeral merecen estratexias que
os posicionen a nivel internacional. Apostar por feiras renovadas, canles dixitais e
cooperación comarcal deben ser cuestións fundamentais nesta labor.
Podemos e debemos medrar arredor da gastronomía, transformando o orgullo de ser quen
somos nun proxecto sostible, rendible e moderno. Lugo pode ser referencia, pode ser a mellor.
MELINA LÓPEZ – Carambo
Fai máis de 40 anos, Alfredo Sánchez Carro tíñao claro cando inventou o: “Para comer, Lugo”. Non había, xa que logo, redes sociais, pero a semente do que se podía chegar a construir, estaba aí.
Pouca marxe parece verse no horizonte hoxe en día no eido gastronómico, como para pensar que Lugo é quen de medrar como se lle supoñía entón. Malia ter un abano ben abundante e valioso do que hoxe se denomina Km 0: viño, productos agrícolas, queixo, castaña,…
Porén, buscar alternativas de valor como é a gastronomía, a unha cidade na que a industria escasea pero é rica e valiosa en materia prima, resulatría o máis sensato para diferenciarse.
Outro lema ronda no século XXI, pleno 2025 : “Vente tú a Lugo”. Si, pero… ¿a que?
Dúas visións, un debate aberto… e unha invitación a pensar (e opinar).
¿Ti con quen vas: con Faísca ou con Carambo?