Cuarta entrega de “Faisca vs Carambo”
Preguntámonos: Recupera Lugo o catamarán ou continúa de costas ao río?
O río é un símbolo de Lugo, mais pouco a pouco fomos afastándonos del. Chegou o momento de darlle un novo protagonismo? Debemos recuperar o catamarán turístico ou explorar outras vías para desfrutalo?
Nesta entrega de opinións cruzadas, dúas voces comparten a súa visión. Agustín Gallego (Faísca) considera que o catamarán pode ser un impulso turístico e unha forma de poñer en valor o río, sempre con garantías de respecto ambiental. Pola contra, Melina López (Carambo) propón alternativas como unha praia fluvial ou zonas de baño accesibles para toda a cidadanía.
AGUSTÍN GALLEGO– Faísca
A instalación dun catamarán turístico en Lugo potenciaría o atractivo do río Miño, ofrecendo
percorridos fluviais e novas experiencias que beneficiarían o turismo local e aumentarían o número de visitantes. Este tipo de iniciativas poderían mellorar o patrimonio natural e cultural da cidade.
Non obstante, levar a cabo este proxecto require un coidado especial, xa que o río Miño alberga unha rica biodiversidade, con especies endémicas e ecosistemas delicados que poderían verse ameazados polo tránsito regular de embarcacións deste tipo.
Estes proxectos deben avaliarse con criterios ambientais estritos para protexer este tesouro natural.
Turismo, si, pero con profundo respecto pola natureza que o fai posible.
MELINA LÓPEZ – Carambo
Seica o Miño e Lugo en
tempos foron un binomio indisoluble, pero o certo é que cada vez se vive máis
de costas a el.
Onde van as illas como lugar de baño? Onde as zonas de recreo acondicionadas preto do río?
Se as condicións do cauce do río non son as idóneas para recuperar o catamarán, existen, sen dúbida, outras propostas de ocio e aproveitamento do río tanto para lucenses como para visitantes: a tan desexada praia fluvial, a posibilidade de deseñar percorridos en pequenas embarcacións, instalar escaleiras de acceso a certas zonas de baño, etc.
No seu lugar, hai unhas pozas, chamadas piscinas ao aire libre, ás que non teñen acceso os menores de 6 anos e para as que hai que facer reserva mediante unha aplicación móbil…
Onde vai o Lugo para todos/as?
Dúas visións, un debate aberto… e unha invitación a pensar (e opinar).
Ti con quen vas: con Faísca ou con Caram