Quinta entrega de “Faisca vs Carambo”

 

Preguntámonos: Pode considerarse arte o que ofrece a IA?

A chegada da intelixencia artificial abriu novos debates arredor da creatividade e a cultura. A pregunta é inevitable: pode considerarse arte o que xera unha máquina? Nesta ocasión, dous contrincantes ofrecen visións opostas. Melina López (Faísca) entende a creación con IA como unha nova forma de arte, resultado da colaboración entre humano e algoritmo, aínda que quizais precise outro nome. Pola contra, Antonio Gregorio (Antonio Gregorio) recórdanos que, segundo a definición tradicional, a arte é unha actividade humana, polo que o producido pola IA sería só unha aproximación.

 

 MELINA LÓPEZ– Faísca

No 2018, unha obra titulada “Portrait of Edmond de Belamy” foi vendida en menos de dez minutos nunha subasta por case catrocentos mil €. Xerouna a intelixencia artificial (IA). Non  foi un caso único.

 

Foi ese un caso de arte tal e como o entendemos habitualmente? Non.

 

Deixa por eso de ser arte? Non.

 

A denominada IA funciona a partir duns algoritmos alimentados con grandes cantidades de datos (música, imaxes, texto,…) e coa combinación deles, é capaz de xerar novas pezas. Ata o de agora, iso sí, precisa de certa intervención humana. Xa que logo, aparece unha nova peza partindo da unión de elementos humanos e automatizados.

 

Se cadra, neste mundo líquido no que vivimos, reformular conceptos é un paso imprescindible.

 

A arte seguiría sendo arte, o xerado pola IA habería que buscarlle un novo nome.


 ANTONIO GREGORIO– Carambo

Imos ó dicionario como referencia. A RAG admite como primeira definición de ‘Arte’: “Actividade humana que ten como fin a creación de obras estéticas.” O resto de acepcións, ben inclúen a humanidade como facedora, ben se refiren a acepcións que non veñen a conto. Se procuramos no mesmo dicionario por intelixencia, entón non é tan sinxelo, que a IA poda ser considerada, ‘intelixencia’, co que habería que retroceder a pregunta a se a IA é intelixencia ou só unha ferramenta actuada por humanos, e se polo tanto, o seu froito pode conserarse independente do humano que lle indicou o ‘prompt’ ó ordenador ou non. 

 

Mentres se resolve, inclínome a pensar que só é unha aproximación ó arte.


 

Dúas visións, un debate aberto… e unha invitación a pensar (e opinar).
Ti con quen vas: con Faísca ou con Caram

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad