Gran entroido do Luguiño
éncheme as urnas de votos
para facer o que eu queira
cos veciños e devotos.
Lariña baila, Lariña goza
mentres o Jesús dos Jesusianos
xestione mesa e mantel
con adictos e achegados
Elena vecina recente
a por todas sae o campo
Con sol ou con xeada
Ha sair enfariñada.
Gran entroido do Luguiño
éncheme as urnas de votos
para facer o que eu queira
cos veciños e devotos.
Rubén teimudo estrelado
ha deixar Lugo sin coches
correndo e a pé imos poñernos finos
con sermóns e faraleiros.
Olga, ciudadana da contorna
con siglas cambiadas de cor
a por todas ou a por nada
sae rufa coas chocas ó pescozo.
Gran entroido do Luguiño
éncheme as urnas de votos
para facer o que eu queira
cos veciños e devotos.
Felices festas!