O vindeiro xoves 10 de abril ás 19:30h, socios e membros da Asociación Lugo Sempre terán a oportunidade de vivir unha experiencia única no Museo Provincial: unha visita guiada á exposición “Habitar o baleiro”, conducida polo seu propio autor, o fotógrafo Brais Lorenzo.

Trátase dunha actividade especial organizada pola asociación, que permitirá aos seus membros achegarse á mostra dun xeito máis próximo e enriquecedor, coñecendo de primeira man o relato e as intencións que hai detrás de cada imaxe.

Aínda que esta visita está pensada exclusivamente para socios, queremos aproveitar para animar a quen o desexe a achegarse ao museo como público xeral e gozar desta poderosa exposición. É unha excelente oportunidade para mergullarse na fotografía contemporánea e reflexionar sobre os espazos e os silencios que nos rodean.

📅 Data: Xoves, 10 de abril
🕢 Hora: 19:30h
📍 Lugar: Museo Provincial

Convidámoste a achegarte e desfrutar desta proposta cultural. Non deixes pasar esta ocasión de conectar coa arte da man do seu creador!

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad