O Día das Letras pode ser unha gran oportunidade para aprendermos, para avaliarmos e para proxectarmos un futuro que conmemorar. Hoxe, 17 de maio de 2023, sexaxésima edición da festa da lingua galega, homenaxéase a Francisco Fernández del Riego, traductor, novelista, historiador, xornalista, ensaista e editor. Popularmente coñecido como Don Paco, converteuse nun dos principais impulsores da literatura e cultura galegas no século XX. Fundou a Editorial Galaxia e foi un prolífero escritor. O seu nome tamén firma a Fundación Prezol, a revista Grial e abondosos artigos.
Para lembrar esta honrosa figura da historia galega, adxuntamos e citamos o vídeo Historias de Vida – Fernández del Riego de Xan Leira que, en colaboración co Consello da Cultura Galega e Memoria da Galiza, amosa unha conversa sobre a traxectoria do autor na súa propia voz.
“O seu nome é sinónimo de galeguismo histórico. Dende os comezos deste movemento até hoxe, Fernandez del Riego é protagonista e testemuña destacada do noso século.
Un amigo deume a coñecer a Teoría do Nacionalismo Galego de Vicente Risco e iso influíu moito no meu ánimo. Ao chegar a Vilanova de Lourenzá decidín festexar o Día de Galicia.
Desde aquela, o seu compromiso non cesou. “Pisei Galicia de punta a punta facendo propaganda do partido galeguista primeiro e do estatuto despois”, sinala.
Truncada a vía política polo Franquismo, del Riego foi un dos máis destacados impulsores do galeguismo cultural da posguerra. Logo de ser durante anos presidente da Real Academia Galega, continuaba a traballar polo país. Unha Historia de Vida imprescindible que nos chega da man de Xan Leira.” –