Na xornada do martes 22 de marzo, ás sete da tarde, fumos recibidos por dona Lara Méndez; o Presidente e Vicepresidente da Asociación Cultural/Observatorio Político, Lugo Sempre www.lugosempre.com; Agustín Gallego e Paco Nieto. Mostrouse interesada nos pormenores da proposta para crear unha bienal de arte, adicadar certamen ó escultor Paco Pestana; á solicitude da alcaldesa, Lugo Sempre fará achega dun bosquexo de bases para poder traballar no mesmo e poñer en marcha a iniciativa.
A conversa estendeuse por eidos da cultura, e mesmo de cuestións políticas que detallamos:
Mostrouse moi receptiva a propostas da nosa asociación á hora de resaltar figuras e feitos que, no seu momento, tiveron grande transcendencia para a cidade, como o caso de recoñecer popularmente a figura de don José Trapero Pardo, que foi o primeiro e único cronista da cidade de Lugo, membro da Real Academia Galega, director do Museo Provincial, director dso xornais La Voz de la Verdad e El Progreso, escritor, radiofonísta…
A cidade de Lugo síntese en débeda co escritor Darío Xohan Cabana. Coincide a alcaldesa con Lugo Sempre á hora de solicitar á RAG un adianto do Día das Letras Galegas, adicado a tan egrexio lugués; e que a cidade programe algunha acción singular para recoñecer a pegada literária de Darío; posuidor da Medalla de Ouro do Concello de Florencia en Italia, pola tradución ó galego do Cancioneiro de Petrarca e a Divina Comedia de Dante Alighieri; Darío Xohan Cabana é,posiblemente, un dos poetas galegos con mais galardóns e recoñecementos.
A este fío, saíu a colación a posibilidade de recuperar, o que no ano 1960 marcou fito cultural en Lugo e en Galicia, e que ten moito que ver coa actualidade da alcaldesa, xa que neste tempo preside o organismo do Eixo Atlántico; referímonos ó Primeiro Festival Literario do Miño, no que participaron persoeiros ilustres de Galicia e Portugal. No apartado de poesia gañou, Aquilino Iglesia Alvariño; o Premio de novela foi para Alejandro Armesto Buz e Xosé María Álvarez Blázquez; o de Teatro para Álvaro Cunqueiro; o de Ensaio para Francisco Fernández del Riego. O xurado estivo presidido por Carballo Calero en ausencia de Figueira Valverde; tamén formaron parte do mesmo: María Luisa de Fraga Alonso, Martínez Risco, Ferro Couselo, Alonso Montero e Gamallo Fierros.
Tivemos a oportunidade de manifestarlle á alcaldesa, a nosa opinión respecto do tren, e pedímoslle xestión institucional para reclamar unha conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago; manifestando dona Lara Méndez, que este é un frente amplo no que Lugo debe traballar na conexión con Ourense, mostrándose optimista, e que no futuro as variantes de Rubián e Os Peares poden ser unha realidade, e o mesmo tempo potenciar o traxecto entre Lugo e A Coruña para poder enlazar co Eixo Atlántico dende a cidade da Torre de Hércules.
Agradecemos a cordialidade e o interese por escoitar as propostas de “Lugo Sempre” por parte da Alcaldesa de Lugo.