A Xunta de Galicia e Egeria organizan a presentación do libro “Unha historia de superación”, escrito por Marisol Bravos López, activista destacada na loita polos dereitos das persoas con diversidade funcional e colaboradora habitual da nosa asociación. O acto terá lugar o mércores 27 de novembro ás 19:00 h na Biblioteca Provincial de Lugo.
No evento participarán:
• Marisol Bravos López, autora da obra.
• Valentín García, secretario xeral da Lingua.
• Pepe V. Peinó, escritor.
• Xulio Xiz, xornalista.
• Isabel Pérez, directora da Biblioteca Provincial.
Ademais, contará cun acompañamento musical a cargo de Aida Río (Colexio de Alfoz) e Roi Álvarez (CEIP Veleiro Docampo).
Anímate e asiste a un acto cultural que convida a reflexionar sobre o tema da superación persoal e que se enmarca no compromiso coa promoción da lingua e literatura galega.
Agardámoste!