Hai avoíña se viras o forno!

ten teito novo e pedra lavada!

naceulle unha fiestra!

un ollo de adorno!

Naceu ilusión onde ti enfornabas.

 

Hai miña vella o forno quenceu!

Sorrí a cantería á xente que veu!

Cantos boliños alí se criaron…

Medraron teus fillos baixo o seu amparo…

 

Xa no hai rascadoiro, nin pá, nin artesa…

Non queda arrecendo á bola e ó pan…

Estén leda na estrela, cumpriuse a promesa

Hai xente na casa e é xente de paz.

 

Xente que alenta no medio das pedras

que ti acariñache e te viron chorar.

Xente que pisa teu horto, túa terra

que foi a túa vida e único fogar.

 

Acordo que alí criabas un porco

que ulía nas pedras e fozaba o chan

De mimo colmabas ó desafiuzado

era sustento, non querías chorar.

 

Escaso pra todos era repartido

esclavo marrote de familia pobre

bendito manxar a graxa dun lisco

onde comen catro tamén sete comen.

 

Avóa querida o forno ben lembra

o trigo fiado que traguías de lexos

as pingas na testa, a dor na cabeza,

a pena e o medo contigo parexos.

 

Naquel recunchiño túa nai te criou.

Sen pai, só as dúas gradando na vida.

Agora sorrides pensando no forno.

Xa ten quen o coide! Quen o pensaría??

 

E. C.

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad