OS CINCO RÍOS ORGANIZA UN CURSO XUNTO AO CESTEIRO MÁIS LONXEVO DE O CORGO.
A asociación Os Cinco Ríos, un dos colectivos que compoñen a Irmandade Lugo Sempre, adoita impartir actividades e xornadas para toda a veciñanza dignas de mención.
Antes de que dera comezo o ano, decidiron organizar un curso de cestaría tradicional en O Corgo ao que acudiron numerosos habitantes do municipio.
O obradoiro estivo impartido por Ángel, da casa Asturiano de Marei, un dos cesteiros máis lonxevos do concello e socio de Os Cinco Ríos.
Aos seus 91 anos, fixo mostra, paso a paso, da elaboración dunha cesta de mimbre tradicional que puideron montar entre todos os asistentes.
A organización aproveitou a ocasión para agasallalo en agradecemento pola súa labor e como homenaxe pola súa traxectoria.