A María José Carvallo Ruiz,

 

Oh María

O meu corazón é un manancial

Agora de males presentes

É un manancial

De esperanzas afastadas

É un manancial

De inesgotables quimeras

O meu corazón é un viaxeiro

Cruza a terra

Como un val de bágoas

Búscate e non te atopa

O home vive poucos días

É un drama admirable

É un manancial

Que se consome silencioso

En culpables melancolías

En crueis desenganos

O meu corazón

É un constante desgusto

Pero o meu corazón

É un luminoso camiño

Que percorre o mundo

Porque o meu corazón

O meu corazón é viaxeiro

É un corazón que se tortura

Cando se destrúen as ilusións

E reprégase de mil maneiras

En secreta inquietude

Pero o meu corazón

Está cheo de tedio

Nun mundo baleiro

Está cheo de vida

Está cheo de amor

É un manancial de sentimentos

De episodios harmoniosos

De vaguidades e de paixóns

De profundas resonancias

De profundas tormentas

Porque o meu corazón

Está cheo de amor

Porque o meu corazón

Está cheo de ti

Porque conserva a paixón

Porque conserva o desexo

E búscate na luz

Na luz dos teus ollos

Que iluminan as sombras da túa ausencia.


Vicente Piñeiro 

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad