A María,
1
Oh!, María
cando me sinto esgotado
a túa imaxe restaura as miñas forzas, se te vexo no teu xardín
es o casulo dunha rosa.
Se te perdo de vista
non necesito verte para acharte, algunha parte de ti mesma queda para min no aire
por onde pasas e na herba onde te sentas
2
María, cal é o encanto
con que puideches cativarme? Será pola túa mirada?
Será polas túas caricias? Será polos teus abrazos?
Déixame apoiar a miña cabeza nos teus seos
e dimo ao oído.
3
Oh!, María
Por que me amas? Non crecemos xuntos, pero ámasme,
os nosos niños non estaban na mesma árbore,
pero cando o eco me fai oír os aires, sinto o teu corazón
e cada latexado repártese polo noso val.
Vicente Piñeiro