A María,

 

Un día abraceina

Aquel día pronunciei o seu nome

Ela era distinta ás demais

O primeiro día non lle falei de amor

Ela xa tiña un amor

Pero aquel día abraceina

Tiña ante min eses ollos

Que eran como tormentos do pincel de Apeles

Dous inmensos recordos

Eran dúas poesías iguais

Eran dúas pingas de mar

Eran as follas azuis

Dunha colleita de flores descoñecidas

Un día abraceina

Podía ser unha filla de Adán

Os seus bicos eran ardentes

Como o pecado

Pero non me lembro das súas bágoas

Nin dos seus bicos

Ela era distinta ás demais

Talvez viuse seducida no outono

E eu estou atado por unha corda grave

Chámase vellez

Esa viaxeira nocturna

Que non ve o ceo brillante

Por encima da súa cabeza

Un día abraceina

Esa noite había néboa

A terra fumaba indolentemente

Ás veces expeliámola pola boca

E o fume formaba volutas

Ao redor dos seus cabelos

Non podo falar máis dela

Ela xa ten un amor

Non falarei diso

Ela é filla da terra

A ela un día abraceina

Posúe a autoridade das odaliscas

Pero un día díxome

“Ven ao meu banquete delicioso

A encher néctar de rosas nas nosas copas”.

Como me diría Safo

Como me diría madama Sand.

 

 

Vicente Piñeiro 

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad