Agustín Gallego, Presidente da Asociación Cultural/Observatorio Político Lugo Sempre, fai balance da implantación, dende o mes de xuño ate este xaneiro de 2022. En Lugo Sempre márcase o obxectivo de penetrar no tecido social de toda a nosa provincia.
POSTA EN VALOR DO PERSOAL MUNICIPAL.
A administración local non é de segunda categoría, senón a máis próxima e necesaria para vertebrar a nosa sociedade. O conxunto das administracións locais tiveron un papel primordial durante a crise sanitaria e social provocada pola pandemia, e a pesar dos recortes en persoal que sufrimos nos anos anteriores, e cando aínda non se recuperara a dotación de recursos e profesionais, con persoal
moi mermado e desgastado no emocional e profesional, tras atender o máis complicado da anterior crise, chega esta nova situación imprevista e descoñecida da Covid 19.
Nos meses de marzo, abril e maio de 2020 os servizos de urxencias, as UCI e a sanidade no seu conxunto sufriron case un colapso e os/as profesionais quedaron
devastad@s e afectad@s pola impotencia de non poder atender adecuadamente a todas as persoas enfermas. Os servizos de emprego ( SEPE e de Comunidades Autónomas) desbordáronse ante a avalancha a tramitación de ERTEs e prestacións por desemprego para persoas traballadoras e autónom@s, provocando atrasos na
súa cobranza ante un desafío sen precedentes.
Pasado este tempo, é cando chega o momento dos Servizos Sociais Municipais, ante a previsible avalancha de peticións e os dramas persoais e familiares que solicitan axuda de emerxencia, sen esquecer, a valoración do grao de dependencia, o acceso aos servizos de axuda a domicilio, teleasistencia ou de residencia, a intervención social con menores en situación de risco, a prevención e atención ás vítimas de violencia machista, etc…
A pandemia supuxo un gran reto para as autoridades locais e para o persoal á hora de manter os servizos municipais con unha prioridade: a protección social e a seguridade da cidadanía.
O persoal municipal estivo ahí,de maneira presencial ou co traballo a distancia, no apoio á economía social, autónom@s, microempresas, comercio ou pymes, que por culpa dos peches obrigados polo confinamento, necesitaban afrontar o pago das súas facturas e poder manter as súas empresas en pé .
Hai áreas municipais que por ser menos visibles non quere decir que fagan un traballo menos importante, por iso debemos valorar permanentemente o gran traballo do persoal municipal en cada unha das áreas, todos son importantes nesta engrenaxe que move á cidade.
As Entidades Locais e o seu persoal estiveron, máis aló das súas propias competencias, salvagardando a saúde das persoas, implementando medidas de todo tipo para paliar os efectos da crise sanitaria e para impulsar a recuperación económica e social de autónomos/ as, empresas, traballadores/ as e familias. Este esforzo merece visibilidade, porque sen os concellos non hai benestar posible.
O persoal municipal precisa que dende a politica se plasme na organización esa forma de facer participativa,transparente e ética que se pregoa para a cidadanía.