Dende Lugo Sempre, propuxemos ás administracións que xuntaran esforzos e puxeran a Lugo no mapa da escultura a nivel do estado convocando unha Bienal de Escultura co nome do artista, querido e admirado en toda Galicia, Paco Pestana. Presentamos a proposta na Consellería de Cultura, na Presidencia da Deputación de Lugo, no Concello de Lugo e no Concello de Castroverde.
A esta data, suliñamos a boa acollida da proposta por parte do Secretario Xeral de Cultura, Anxo Manuel Lorenzo Suárez; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López e o Concello de Castroverde ó través da Concelleira de Cultura, María Pilar Ferreiro Villar.