Xoán Vila

 

En 1990 coñece en Santiago ao profesor e escultor Aldrey Lázare (artista de recoñecido prestixio e discípulo de Asorey), con quen chega a ampliar o seus coñecementos artísticos e culturais. Pronto comeza expoñer de forma continuada. Traballa sempre na plástica, experimentando con formas e materiais nobres, procurando unha linguaxe íntima ca arte e a natureza, sendo unha constante na súa vida.


 

Algunhas das obras de Xoán Vila engrosaron nos últimos anos os fondos de distintos museos, institucións públicas e coleccións privadas. Na parte superior, atopamos a protagonista do Chío número XIII, pertencente á súa serie “A cara é o espello da alma”. Na actualidade, podemos atopar pezas súas no Ministerio de Fomento (Madrid), na Universidade de Santiago de Compostela, na Deputación, Correos e Museo Provincial de Lugo, na Xunta de Galicia e na Galería Burela, entre outros espazos.

A súa obra encheu diferentes salas, galerías e museos, tanto en múltiples exposicións tanto individuais coma colectivas. En 2008 e 2009 foi invitado a participar nos salóns de Espace champerret en París. A súa presenza en certames lévao a recibir premios e recoñecementos por parte da crítica. Deste xeito, outórganselle numerosas distincións: primeiro premio escultura Bienal Meigas e Trasgos (Lugo), segundo premio nacional escultura do Ministerio de Fomento (Madrid), primeiro premio nacional XVI Certamen Galería Burela, Mención de Honra XIV certame internacional Concello de Cangas (Pontevedra), etc.

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad