Ben, pois tocan o seu fin, e a non tardar. Cando remate este ano, deixarán de prestar o servizo para o que foron creadas. As cabinas telefónicas, consideradas como servizo universal obrigatorio, deixará de ser tal, a data do 31 de decembro.
De momento descoñécese o plan de eliminación das mesmas por parte de Telefónica. O que sí é certo, é que forman parte da paisaxe urbana das cidades; en Lugo, paisaxe ruín que contribue a mostrar un feismo que en nada axuda a manter unha imaxe decente da cidade.
O concello debe preocuparse polos plans da empresa concesionaria do servizo para axilizar o desmantelamento ou ben facer un estudo para por en marcha un aproveitamento ou convenio para, alomenos algunha delas, poidan ser puntos de información turística con pantallas informativas e de servizos na cidade.
Algo semellante están a facer en algunha comunidade do estado, onde aforrase ate un 30% nos custes de obra civil, polo que resultaría moito máis económico que outro soporte exterior.