Un día deime conta que só quedaba eu. Madura e solteirona. Na flor esmorecida da vida. Fóranse todos. O lar quedou desolado e deserto. Pensei no ampla que semellaba a cocina baleira de corpos e conversas, que silenciosos os cuartos sen ninguén que alentase neles. Eu sóa. Coas leiras, o ganado, os cadelos e coa soidade… Loitei ca morriña e con moito traballo para o meu lombo que xa comezaba a laiarse. Eu o guisaba e eu o comía. O silencio fíxose compañeiro das noites e dos trafegos. Marcharon vecinos da aldea, pecháronse casas. Os novos marchaban ás cidades, os vellos a outra mellor vida. Pola noite, adormecía de rendida e esgotada, case non daba rematado o rezo diario. Tentei buscar o xeito de non caer tendo sempre que facer…

 

… Un día, camiño do muiño e cavilando nos meus pensares, collín un sobresalto cando alguén me saudou de preto. Sorrín para min e vireime. Coma nos vellos tempos. Xa sabía que era. Esa fala repleta de calma, sosego, dozura e promesas. Era o Manuel…

 

“NA LAREIRA DE ERMITAS”

Elvira Cereijo  

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad