O que son a cousas; anuncio a toda plana que fala da “formación para impulsar o emprego da xente de Lugo”; bueno, quedar, queda bonito, como o de “Desenvolvemento local e emprego”; e para rematar o chiste, aparece o personalismo, o lucimento o aqui estou eu co “activado desde o goberno de Lara Méndez”; home, digo eu que será o goberno de Lugo que, en tal caso, preside a señora López.
Vale, ate aí podía valer a cousa; pasa so unha folla do xornal e, oh sorpresa: “o Concello de Lugo autoriza unha nova gasolineira”, pero, hai un pero, o de …impulsar o emprego da xente de Lugo” nada de nada; será de AUTOSERVICIO. Tómannos por parvos ou que?, Onde está a capacidade de negociación?, onde podía haber tres ou catro empregados, o AUTOSERVICIO elimina o traballo.