Dedicada ás miñas netas.
PANXOLIÑA
PAXARIÑO CANTAREIRO
Por un camiño moi branco
un burro vai a Belén
e polo ceo alumeando
vai unha es trela tamén;
porque naceu o Señor.
Paxariño cantareiro,
vai ti tamén, trobador.
Paxariño cantareiro
ti que es un trobador
vai co burro ata Belén
que nun portal hai un niño;
porque naceu o Señor.
Paxariño cantareiro,
vai e canta, trobador.
Para onde vai señor burro?
Para onde vai coa leiteira?
Voulle levar leite a un neno
que naceu nunha pal leira
e unha cantiga de amor;
porque naceu o Señor.
Ven comigo o paxariño,
cantareiro, trobador.
O neno ten moito frío
e non deixa de chorar
e a Virxe dál le agarimo,
tamén ti llo podes dar;
é un agarimo de amor;
porque naceu o Señor.
Paxariño cantareiro,
paxariño, trobador.
Cántalle cancións ó neno
que é un bebe moi pequeniño
e necesita calor.
Ai que non estea triste!
Ai que non o manque a dor!
Ai que deixe de chorar!
Ai que lle dea o sono!
Que non pare de soñar!
porque naceu o Señor.
Paxariño cantareiro,
gracias, por lle vir cantar,
porque naceu o Señor,
porque naceu o Señor,
porque naceu o Señor…
Vicente Piñeiro