Anxo M. Lorenzo Suarez

Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia

  O pasado día 7 de febreiro, ás 13.30 horas, o Presidente e o Vicepresidente da Asociación Cultural Lugo Sempre; Agustín Gallego e Francisco Nieto, foron recibidos na Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo por D. Anxo M. Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura; D, Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo (este tivo que ausentarse por mor da súa axenda) e por Dª. María José Gómez, Xefa do Servizo de Coordinación Cultural.

Un encontro moi cordial, no que tivemos a oportunidade de mostrar o porqué da nosa iniciativa de levar adiante unha Bienal de Escultura co nome do artista lugués Paco Pestana. Iniciativa presentada, a par que a Consellería de Cultura, na Deputación Provincial de Lugo, esta entidade non mostrou interese algún na iniciativa, como sí fixeron o Concello de Lugo, e que teremos xuntanza coa Alcaldesa da Cidade, dona Lara Méndez López, e tamén dende a Concellería de Cultura do Concello de Castroverde.

O Secretario Xeral de Cultura, D. Anxo M. Lorenzo, logo de un cambio de impresións, mostrou o atraente da proposta e mesmo falou de poñer en marcha esta iniciativa, logo de madurar certos aspectos para realizar unha convocatoria con vocación de continuidade no tempo. Adquiriu o compromiso de poñerse en contacto co resto de administracións para coordinarse e unir esforzos para poder levar adiante dita Bienal.

Dende Lugo Sempre, agradecemos a disposición do Secretario Xeral de Cultura, o Delegado Territorial e a Xefa de Servizo; así como a boa sintonia coa proposta por parte dos Concellos de Lugo e Castroverde.

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad