Era febreiro e xeaba…
O pai que nunca rezou, rezaba.
A nai loitando ca dor
e co medo, suaba.
Tras cada contracción
a Salve se lle atragoaba.
Mulleres darredor
“está vez haberá sorte
ti apuxa Adoración”.
Escorrentando a morte
collidas forte da man.
“Dios diante muller,
esta vez virá un neno san…”.
O pai tizaba no lume
por non oíla laiar.
Moe café, busca coñac,
confiando en que non tarde
un motivo pra brindar.
Era febreiro e xeaba…
A noite lentiña esvaraba,
o ceo ó norte clarexaba,
miríadas de almas
dende a Vía Láctea ollaban.
E chegando xa o mencer
a nena chegou calada,
flácida e rechumida,
a pel toda amoratada.
Axiña!
Pideu resolta a tía,
azoutas no cú sen pena
Auga quente e auga fría!
E con todo o miúdo peito
decideuse pola vida.
Era febreiro e xeaba…
E cando abreu o novo día
un ceo azul invernal
espetouselle nas pupilas.
E.C.