Son Toño Núñez. Un home… Nacín ás beiras do riu Navia hai xa máis de medio século. Bastante máis. E medrei no vale de Suarna, ó pé dos Ancares,  entre néboas de timidez e xeadas de complexos. Quixen xogar no Real Madrid e ser cantante de orquestra. E casar cunha moza rubia… O primeiro bico sóubome a tabaco… Despois… Despois… quixen ser poeta…

Medraron os anos… A timidez funa amansando. E os complexos… Os complexos xa  non me acordo como eran… Si que me acordo, si… Pero revireime e volvinme un destemido, un arroutado. Porque a vida deu en tratarme ben. Certamente, o Real Madrid quedou en Iris de Magoi, a orquestra chamouse coro Lugh e a rubia volveuse morena. Mais, si, a vida púxose de cara comigo e repúxenme. 

Labrego da palabra, fun colleitando versos, versos que recollín nun libro que titulei Poemas de Amor en Outono. E unha gavela de contos para nenas e nenos. E cancións. Tamén algúns relatos. Mesmo, de cando en vez, dáme por escribir artigos de opinión. 

E  vou así, engaiolado, pola beira da vida… Camiño da morte…

Comparte

Síguenos en

Copyright LugoSempre.com 2021

Política de privacidad