O pasado 10 de setembro de 2021, publicamos na nosa web https://lugosempre.com/desaparecen-as-cabinas-como-aforrar-cartos-dos-contribuintes/, o obsoleto das cabinas telefónicas na nosa cidade e deciamos daquela:
“O concello debe preocuparse polos plans da empresa concesionaria do servizo para axilizar o desmantelamento ou ben facer un estudo para por en marcha un aproveitamento ou convenio para, alomenos algunha delas, poidan ser puntos de información turística con pantallas informativas e de servizos na cidade. Algo semellante están a facer en algunha comunidade do estado, onde aforrase ate un 30% nos custes de obra civil, polo que resultaría moito máis económico que outro soporte exterior”.
Pois non tardaron moito no Concello o decatarse da situación, e o 5 de Novembro, solicitan a telefónica a súa retirada. E o día 1 de decembro deu comenzo o desmantelamento das mesmas. Ben, para os responsables, agradecemento por atender a demanda de Lugo Sempre.